Menu Close

O Volei Galego, a piques de completar unha primeira volta de competición exemplar contra a COVID.

Sendo o primeiro dos deportes colectivos de Galicia en arrancar as súas competicións Senior, Xuvenil, Cadete e Infantil, é á espera de comezar as competicións Alevíns e Benxamíns en xaneiro, os máis de 2.000 practicantes federados de voleibol na nosa Comunidade Autónoma están a piques de completar case dous meses de competición oficial nunha temporada atípica, pero na que os clubes e xogadores/as do noso voleibol se souperon adaptar sendo pioneiros, cunha responsabilidade de todos/as os/as implicados/as crucial para recuperar a competición deportiva na nova normalidade.

Máis de 250 partidos de Volei Galego despois falamos co Presidente da Federación Galega de Voleibol, D. Jose Ángel Luna Bargo, para analizar como está a ser este inicio de competicións antes do parón de Nadal,  así coma o papel de todos/as os/as que están a facer que o voleibol galego sexa un deporte seguro.

A decisión de comezar as competicións, tomada na Asamblea Xeral do 12 de setembro, como foi de arriesgada no seu momento?

Foi una decisión moi meditada e consensuada con tódolos clubs galegos, sobre todo por que estamos a falar da saúde dos nosos deportistas.

Ademáis do uso obrigatoria da máscara, qué medidas tomou a Federación Galega de Voleibol para garantir unha competición segura?

Primeiro de nada deseñáronse uns protocolos, tanto de adestramento como de competición, que minimizaran os riscos para todos os involucrados nas competicións da FGVb: xogadores, adestradores, árbitros, afeccionados, … E por outro lado elaboramos unha normativa o suficientemente flexible para poder dar cabida a calquera situación que se poida presentar ao longo da temporada.

Qué impacto está a ter o COVID no Volei Galego?

Afortunadamente ata o de agora non tivemos mais que casos illados en varios equipos, todos eles por contaxios externos ao voleibol, e ningún destes casos provocou contaxios dentro dos clubs nos que xogan. Isto e indicativo que o voleibol galego está a aplicar os protocolos con unha enorme seriedade e responsabilidade.

Está sendo un inicio de tempada atípico, como está a repercutir nas competicións?

Evidentemente, cada xornada é una incógnita con respecto ao número de partidos que se teñen que aprazar por positivos nos equipos ou por localidades onde se pechan as instalación deportivas. Non obstante, e a pesares de todos estes atrancos gracias ao traballo e forza de vontade dos clubs estase podendo sacar a temporada adiante.

Cómo está sendo o traballo dos clubes galegos?

Como dixen antes, os clubs galegos están facendo un esforzo importantísimo para garantir que os deportistas poidan practicar voleibol coa maior seguridade posible, isto supón un traballo enorme por parte dos clubs pero tamén por parte do persoal da federación para traballar coa dilixencia e a flexibilidade que a situación require.

Os protocolos FISICOVID-DXT Galego, como está sendo a súa implementación?

A aplicación dos protocolos por parte do voleibol galego hai que dicir que ata o de agora foi inmellorable, e iso que os protocolos aplicados non son inamovibles, se non que se foron mellorando a medida que foron avanzando as competicións, e tamén para achegar os cambios legais que van xurdindo case que cada semana.

O número de licencias a nivel federativo en Galicia non se viu resentido neste novo ano, a qué se debe?

Básicamente a que somos dos poucos deportes de equipo que estamos facendo actividade en tódalas categorías, e ademais somos os primeiros que empezamos a adestrar e competir. Isto provocou que practicamente non perdéramos practicantes e que incluso gañáramos novos deportistas que veñen de outras modalidades deportivas que están paradas.

Qué retos veñen para esta tempada 20-21?

O principal é poder desenvolver todas as competicións coas máximas garantías para a saúde dos nosos deportistas. Unha vez acadado isto o que nos gustaría e poder rematar as competicións desta temporada, algo que foi imposible facer a temporada pasada.

Competicións en disputa ata o momento:

  • 1ª División Autonómica Senior (masculina e feminina)
  • 2ª División Autonómica Senior (feminina)
  • 1ª División Autonómica Xuvenil (masculina e feminina)
  • 2ª División Autonómica Xuvenil (feminina)
  • 3ª División Autonómica Xuvenil (feminina)
  • 1ª División Autonómica Cadete (masculina e feminina)
  • 2ª División Autonómica Cadete (feminina)
  • 3ª División Autonómica Cadete (feminina)
  • 1ª División Autonómica Infantil (masculina e feminina)
  • 2ª División Autonómica Infantil (feminina)
  • 3ª División Autonómica Infantil (feminina)