Menu Close

O Volei Galego Cadete xa ten Campións e Campioas Galegos/as

As Fases Finais continúan o seu camiño neste final de tempada 20-21. Despois de que os benxamíns e alevíns tiveran a súa xornada o pasado día 17 en Narón, esta fin de semana os cadetes disputaron as súas competicións, na que se decidiron aos/as gañadores/as tanto masculinos coma femininos, así coma os ascensos á Primeira División.

A competición feminina tivo lugar o sábado no Pabellón Municipal de Lugo. O Arenal Emevé, CV Pontevedra, CD Korbis e o Calasancias Voleibol loitaron ao longo de todo o día polo título, en catro partidos que fixeron as delicias dos asistentes.

As locais certificaron o seu pase á final no primeiro partido do día, vencendo por 3-0 ás coruñesas. Na outra semifinal, un disputado partido entre o CV Pontevedra e o CD Korbis decantouse polas primeiras, tras un gran esforzo por parte das dúas escuadras.

Na quenda de tarde, no encontro polo terceiro e cuarto posto, o CD Korbis e o Calasancias loitarían pola medalla de bronce, sendo esta para as primeiras no partido programado para as 17:00. Chegada a gran final ,celebrada ás 19:00, o Arenal Emevé venceu por 3-0 ás pontevedresas con Olalla González como xogadora máis valiosa da final e levantando a copa de Campioas Galegas.

O domingo día 23 os 4 mellores equipos cadetes masculinos chegaban ao pavillón de A Cachada para decidir ó mellor equipo de Galicia. O Rotogal Boiro Voleibol, o CV Oleiros, CD Korbis e o Dumbría Voleibol disputaron as semifinais fixadas para a xornada de mañan, sendo os dous primeiros os que conseguiran o obxectivo.

O Dumbría Voleibol completaría o podio ao vencer aos de Korbis nun traballado 3-2, dando paso á unha final na que os locais obtiveron a vitoria pola vía rápida (3-0) ao gañar en tres sets con Martín Casais como mellor xogador e ofrecéndolle a copa de Campións Galegos á súa afección.

Nas Fases de Promoción da categoría Cadete, celebradas tamén ao longo de todo o día do domingo en San Sadurniño, o CV Zalaeta e o CV Ourense faríanse cas ansiadas prazas na Primeira División Cadete da tempada 21-22 despois de loitar xunto ao XAV Cambados e Aldebarán San Sadurniño, sendo as coruñesas as Campioas do evento.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar