Menu Close

O Volei Galego volve a triunfar nas competicións nacionais

As Seleccións Galegas volveron a demostrar o gran nivel do Volei Galego nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas celebrados en Valladolid do 15 ao 18 de xullo de 2021.

Despois dos grandes resultados acadados nos Campionatos de España, os representantes das nosas seleccións deixaron ao voleibol galego nun lugar espléndido, chegando a colocar a todos os nosos participantes entre os 5 mellores clasificados de cada competición, loitando por dúas medallas de ouro e un quinto posto na última xornada e saldando o campionato cunha medalla de ouro, unha de prata e un quinto posto.

O Cadete Masculino, dirixido por Adrián Alves e Manuel Rodríguez, realizou un gran torneo, caendo en cuartos de final e loitando pola quinta posición ante a Comunidad Valenciana na xornada de domingo á mañá e na caeu por 3-1.

A Selección Infantil Feminina, dirixida por Jorge Bustos, Juan Carlos Suárez, Roberto Castro e Patricia Valcárcel completou unha competición espléndida, rematando nunha segunda posición despois de gañar todos os seus encontros salvo a final contra a Comunidad Valenciana.

Pola súa parte, a representación galega Infantil Masculina con Diego Taboada e Miguel de la Gama ao frente, realizou un torneo para enmarcar, conseguindo a vitoria no Campionato de España e marchando invictos de Valladolid ao gañar todos os seus choques.

Con esta competición remata unha tempada de pista 20-21 para enmarcar no noso voleibol ,o que remarca ao gran momento que estamos a vivir e o inmellorable traballo dos clubs, xogadorxs, técnicos, árbitros, familiares e afección, aos que a Federación Galega de Voleibol agradece o seu compromiso e responsabilidade nunha época tan complicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar