Menu Close

O Volei Galego volve de xeito seguro á competición

214 días despois, o Volei Galego volveu ás pistas.

Foron máis de 7 meses nos que os clubes e deportistas do voleibol galego non pudieron competir, tras deter todo tipo de actividade o 12 de marzo de 2020 debido á crise sanitaria da COVID 19 que tan duramente golpeou ao deporte entre outros moitos sectores.

No medio desta gran pandemia a Federación Galega de Voleibol, ca aprobación de todos os estamentos que compoñen o Volei Galego, apostou na súa Asamblea Xeral do 12 de setembro por comezar esta temporada 2020-2021, sempre seguindo e respetando as indicacións das autoridades sanitarias.

Despois de moitas reunións cos diferentes organismos oficiais, elaborando un protocolo de adestramento e competición en colaboración con todos os implicados que compoñen o panorama do noso deporte, comezou unha nova e dura etapa que está a poñer a proba a vontade e o traballo da nosa gran comunidade.

Nesta fin de semana, grazas ao esforzo da FGVb, clubes, deportistas, pais, afeccionados e árbitros, pudiéronse levar a cabo un total de 34 partidos de voleibol en Galicia, sendo sénior 10 (4 nacional), 9 en categoría xuvenil,  8 en cadete e 7 en infantil.

Máis de 450 persoas foron movilizadas nesta reactivación do Volei Galego entre xogadores, técnicos, árbitros e xuíces que únicamente pospuxeron 6 partidos dos previstos no calendario provisional por seguridade.

Dende a Federación Galega de Voleibol queremos agradecer a bo traballo de todos os implicados nesta xesta que demostra a forza do noso colectivo e as ganas de seguir competindo a través dunha práctica deportiva segura que nos permita seguir disfrutando do que máis nos gusta.