Menu Close

Os Campionatos de España de Voleibol e Volei Praia de categorías inferiores non se disputarán en 2020

A Comisión Delegada da RFEVB decidiu o pasado mércores na súa reunión telemática non convocar os Campionatos de España das categorías xuvenil, cadete, infantil e alevín correspondentes a temporada 2019/20.

Da mesma forma acordouse non organizar ningún dos Campionatos de España de Volei Praia do ano 2020 en categorías inferiores, previstos para os meses de agosto e setembro deste mesmo ano.

Esta decisión, tratada previamente na Asamblea Xeral do día 16 de xullo, fíxose oficial a través das canles de comunicación oficial da RFEVB o pasado 27 de xullo e que poden consultar na seguinte ligazón.