Menu Close

Ourense, sede da Fase de Ascenso a SF2

Hoxe a través da RFEVB confirmouse que a Fase Final da Primeira División Nacional Feminina, na que se decidirán os equipos que ascenderán á Superliga Feminina 2, terá lugar en Ourense.

Os partidos, que se celebrarán do 23 ao 25 de abril de 2021 no Pavillón Polideportivo de O Pompeo, enfrentarán aos equipos candidatos ao ascenso, nos que se encontran o CV Ourense e CV Oviedo do primeiro dos tres grupos que compoñen a categoría nacional, e cun sorteo terá lugar o próximo día luns 29 de marzo as 11:00 na sede da RFEVB.

O Club Voleibol Ourense, representación galega despois de rematar na segunda posición da clasificación do Grupo A manténdose invicto na súa pista, conseguíu o traballado premio de xogar este playoff tras vencer ao líder (CV Oviedo) na súa pista por 23-25, 25-17, 25-11 e 25-22 a pasada fin de semana.

Dende a FGVb desexámoslle toda a sorte posible ás nosas, co fin de conseguir o merecido ascenso de categoría.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar