Menu Close

Presentación dos nosos Seleccionadores Autonómicos para os CESA

A Federación Galega fai oficial hoxe a composición dos corpos técnicos para todas as categorías das súas seleccións autonómicas para esta tempada, na que os xogadores e xogadoras galegos/as de categoría infantil e cadete volverán a participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que se celebrarán do 15 ao 18 de xullo de 2021 en Valladolid.

Os corpos técnicos quedaron configurados da seguinte forma:

  • Para o Infantil Feminino, Roberto Castro (NI FIVB) e Jorge Busto (NII) como segundo adestrador.
  • No caso do Infantil Masculino, Diego Taboada (N III) e Miguel De La Gama (NI FIVB) como segundo adestrador.
  • Na categoría Cadete Feminina, Juan Carlos Suárez (N II FIVB) e Patricia Valcárcel (NII ).
  • Para o último grupo, o Cadete Masculino, Adrián Alves (N III), asistido por Manuel Rodríguez (N III).

Os adestradores/as farán públicas as listaxes así coma os periodos de concetración previos aos Campionatos de España próximamente a través das canles oficiais da Federación Galega de Voleibol. Desexámoslle a mellor dos sortes tanto aos técnicos coma aos xogadores e xogadoras que representarán a nosa comunidade, e que loitarán por deixar no máis alto o Volei Galego.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar