Menu Close

Presentada a Fase de Ascenso a Superliga 2 Feminina en Ourense

Onte tivo lugar a presentación da Fase de Ascenso a Superliga Feminina 2, que se disputará do venres 23 ao domingo 25 de abril no Polideportivo de O Pompeo (Ourense).

O evento deportivo, organizado polo Aceites Abril Club Voleibol Ourense, reunirá a seis equipos da Primeira División Nacional Feminina de toda España, que loitarán entre eles a través dunha fase de grupos e posteriormente nun cadro final que decidirá os dous equipos que ascederán á categoría de prata do voleibol nacional feminino.

A competición, que comeza ca fase de grupos dende o venres pola mañan ata o sábado ao mediodía, enfrentará aos dous primeiros clasificados do Grupo A contra os dous primeiros do Grupo B o sábado pola tarde nas semifinais, decidindo así os ascensos e a final do campionato que terá lugar o domingo ás 12:30, despois da disputa do terceiro e cuarto posto.

A Federación Galega de Voleibol quere desexarlle a mellor das sortes ás galegas, que disputarán esta Fase de Ascenso como anfitrionas despois dunha gran temporada, e que poden sumar un novo equipo da nosa terra nas Superligas.

Composición dos grupos:

  • Grupo A: Aceites Abril Club Voleibol Ourense, Club Deportivo Badojoz, Club Natació Sabadell
  • Grupo B: Club Voleibol Sant Cugat, Club Voleibol Oviedo, Club Albolote Granada.

Horarios da Fase de Ascenso:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar