Menu Close

Remate dunhas competidas e exitosas Fases Finais en Ourense

(fotografía : @rebe_photography)

Ourense volveu a ser sede dunha Fase de Ascenso Nacional esta tempada 20-21. O pavillón dos Remedios acolleu esta pasada fin de semana do 7, 8 e 9 de maio as Fases Finais masculinas e femininas das Segundas Divisións, organizadas polo Burgas Voleibol e o Club Voleibol San Martiño.

O evento comezou ca disputa dos encontros correspondentes á competición feminina, que coroou ao CV Babieca como campión do torneo despois de vencer en todos os seus choques. O segundo e merecido posto foi para o Bodegas Corral CV Haro, tamén cunha gran actuación e completando o podio o Esvol Santander. Nos derradeiros postos quedarían situados o RGC Covadonga e as galegas do Dompa Gestión, que se decidiron no último partido do torneo, celebrado na mañan do domingo.

No apartado masculino o Asesores Vilacastro comezou a súa participación na tarde do sábado, vencendo con comodidade ao CSC de Ávila e deixando un importante duelo para o domingo contra o CV Oviedo, que tamén gañara o seu encontro anterior. No derradeiro partido da Fase de Ascenso, os galegos caerían contra os asturianos, nun partido que foi moi disputado e fixo as delicias dos asistentes ao Pavillón dos Remedios.

(fotografía : @rebe_photography)

Tras 3 días de competición toca de novo parabenizar aos organizadores, que demostraron unha vez máis a gran solvencia dos clubs galegos á hora de actuar como anfitrións nun torneo de carácter nacional, pese aos inconvintes que supón levar a cabo un evento destas características nos tempos que vivimos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar