Menu Close

San Sadurniño, sede da Copa Príncipe 2020.

O Pavillón Municipal de San Sadurniño acollerá os próximos 8, 9 e 10 de xaneiro unha nova edición da Copa Príncipe.

Collendo o relevo de Dumbría, onde se celebrou a pasada edición no mes de xaneiro deste ano, a localidade galega de San Sadurniño, sede tamén en 2016 e 2017, repite como anfitriona neste novo formato enfrenta aos  mellores equipos da Superliga Masculina 2.

Composto por seis equipos da SM2 que competirán ao longo de 3 días, este torneo do KO xa foi conquistado no 2010 polo Club Vigo Voleibol, no 2016 polo propio Aldebarán San Sadurniño e no 2018 e 2019 polo Arenal Emevé.

No grupo A competirán Intasa San Sadurniño, CV Leganés e Mediterráneo Castellón, mentres que no grupo B estarán Extremadura Grupo Laura Otero, Arena Intersport y Servigroup Benidorm.

O venres 8 comezarán os enfrentamentos de grupos, deixando así as semifinais para o sábado e ca final entre os dous mellores clasficados axendada para o domingo.