Menu Close

San Sadurniño, sede do próximo curso de Data Volei da RFEVB

A localidade coruñesa de San Sadurniño acollerá do 2 ao 4 de outubro un novo Curso de Estatística de Voleibol: Operador Data Volley convocado pola Real Federación Española de Voleibol en colaboración coa Federación Galega de Voleibol, o Concello de San Sadurniño e o Club Deportivo Aldebarán.

A gran demanda de prazas para o Curso de Operador que se vai a realizar esta fin de semana coincidindo coa Supercopa Masculina, ademais do elevado número de conxuntos novos participantes en Superliga e a necesidade de cumprir coas indicacións sanitarias para manter as medidas de seguridade derivadas da situación xerada polo COVID contribuíron á convocatoria dun novo curso de operador que terá lugar en San Sadurniño.

O curso de operador está dirixido a aqueles que queiran ampliar coñecementos no programa estatístico máis implantando no alto nivel internacional, e todas aquelas persoas que queiran actuar como estatísticos oficiais nos encontros das dúas máximas competicións nacionais masculinas e femininas.

O curso de estatística estará impartido por Juan Alonso Fernández Coppel, técnico das seleccións españolas absolutas, quen a través do envío previo de información de contidos teóricos e a exposición teórica e práctica dos mesmos, xunto á realización de varias sesións prácticas, permitirá coñecer o funcionamento do programa estatístico de toma de datos de alto nivel internacional, análise dos resultados e utilidades posteriores ademais de favorecer a aclaración dos conceptos e criterios das valoracións nos xestos técnicos.

Poderán participar no curso os adestradores de Voleibol, xogadores de Voleibol, licenciados e diplomados en Educación Física, alumnos de INEF e de Facultades de Ciencias da Educación, directivos e persoas vinculadas ao Voleibol.

A reincorporación á práctica deportiva require un explícito compromiso persoal de todos os implicados (deportistas, técnicos, directivos e calquera outra persoa integrante do conxunto de actores implicados no deporte). As actividades formativas non están excluídas deste compromiso e esforzo por parte de todos. A RFEVB vai poñer todos os medios necesarios para que as condicións en que estas se realicen sexan as máis adecuadas e seguras posibles, cumprindo todas as instrucións realizadas polas autoridades correspondentes.

Neste momento esixirase aos participantes cumprimentar un arquivo, necesario e obrigatorio, sobre o seu estado de saúde respecto ao Coronavirus. Para acceder a toda a información e ao boletín de inscrición descarga o documento que se achega a continuación. Para calquera consulta adicional contactar o Departamento de Formación por mail cristobal@rfevb.com ou por teléfono no 917014090