Menu Close

Volve o Volei Galego

Esta fin de semana está marcada en vermello no calendario de todo o Volei Galego. Tras a suspensión por parte da Xunta de Galicia o pasado 19 de xaneiro de toda competición federada na Comunidade Autónoma de Galicia, os equipos de voleibol víronse na obriga de afastarse das pistas durante casi un mes.

Retomando os seus adestramentos a partir do día 18 de febreiro despois de habilitar por parte da Federación un calendario adaptado ás xornadas nas que non se puido competir, volverán esta fin de semana do 6 e 7 de marzo á competición nos pavillóns galegos cas competicións de categoría infantil, cadete e xuvenil masculino e feminino.

Os encontros poderán desenvolverse como máximo cun límite de 250 persoas, sen superar o trinta por cento da capacidade permitida, sempre que este permaneza sentado e respectando as medidas de seguridade como son a distancia interpersoal e o uso da máscara en todo momento.

O deporte federado ven de certificar , da man dun estudio que se está a realizar a través do Sergas, que é unha practica segura “sen documentarse ata o momento a incidencia real do SARS-COV-2 neste ámbito” e que “ten mellora substancial na forma física e no estado de saúde de nenos e novos, así coma un impulso positivo no estado emocional dos seus practicantes”. (https://saladecomunicacion.sergas.gal/Paginas/DetalleNova.aspx?idioma=ga&idNova=11072&vista=clasica )

O Presidente da Federación Galega de Voleibol, Jose Ángel Luna Bargo, quixo aproveitar a ocasión para destacar que “está a ser unha campaña pouco convencional pero o esforzo está a ter a súa recompensa, xa que esperamos completar todas as fases da competición grazas á flexibilidade da planificación inicial. De novo felicitar a todos os/as nosos/as pola paciencia e o gran traballo que están a facer, demostrando que o deporte federado desenvólvese dun xeito seguro. A responsabilidade cos protocolos que están a ter practicantes, técnicos/as, familiares, clubs e árbitros é exemplar, e seguiremos co obxectivo de desfrutar do noso deporte a pesar das circunstancias e sempre que sexa posible”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Mais info

aceptar